Sálvora Memoria dun Naufraxio A traxedia do Santa Isabel

25,00 €

A história é a crónica do vapor- correo Santa Isabel, coñecido como o Titanic Galego, acontecido o 2 de xaneiro de 1921 nos baixos da Illa de Sálvora na entrada da Ría de Arousa. No naufraxio faleceron 213 persoas e salvaronse 53.

O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador, xornalista e Cronista Oficial de Ribeira, traballou e segue a traballar na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.

Cantidad

Añadir a la lista de deseos

A história é a crónica do vapor- correo Santa Isabel, coñecido como o Titanic Galego, acontecido o 2 de xaneiro de 1921 nos baixos da Illa de Sálvora na entrada da Ría de Arousa. No naufraxio faleceron 213 persoas e salvaronse 53.

A mediados da década dos noventa o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro que chega a súa terceira edición. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio do transatlántico, recuperándose documentación inédita da traxedia.

As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficias, os escritos do capitán Esteban García Muñiz, e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto os homes e mulleres da illa, de salvar a varias ducias de persoas.

A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante décadas, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Ribeira.

O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador, xornalista e Cronista Oficial de Ribeira, traballou e segue a traballar na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.

Aquela primeira edición de autor esgotouse en apenas ano e medio, e o traballo publicado contou e conta aínda hoxe con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil e custoso de repetir.

A segunda edición que saíu do prelo no 2011 esgotouse tamén rapidamente e as múltiples peticións fan que a editora decidira sacar unha terceira edición actualizada e correxida.

Xosé María Fernández Pazos

Ficha técnica

Idioma Gallego
Comentarios

No hay comentarios de clientes por el momento.

Escribe tu opinión