Xesús Campos

Product: 1
Follower: 1
Response rate: 100%
Date created: 26-01-2022
Products sold: 23
Xesús `Chichi´ Campos naceu en La Laguna (Tenerife) o 26 de decembro de 1952 e finou en Compostela o 26 de febreiro de 1991, e fixo de todo nos 39 anos que durou, a saber:
Foi pioneiro do cómic galego e xunto con Xosé Díaz, Rosendo Díaz e Luis Caparrós Esperante funda o Grupo de Cómic do Castro, co que publican a primeira revista de cómic galego: A Cova das Choias.
Dirixiu a galería Mestre Mateo na Coruña, a libraría Souto en Lugo e a galería Sargadelos de Compostela.
Militou no Partido Comunista e presentouse como candidato pola Coruña nas eleccións xerais de 1977 e nas municipais de Santiago de 1979.
Fundou o estudio de deseño BC&D con Pepe Barro e Xosé Díaz.
Colaborou con xornais e revistas como A Nosa Terra, Can Sen Dono, Valiundiez, El Correo Gallego, Diario 16 de Galicia e Xornal Diario.
Tamén foi guionista e director de diversos programas nos inicios da TVG como A ver que vai ser esto ou S.O.S.
Faleceu en Santiago a comezos de 1991 por causa da SIDA.
En 1992 publicouse Estampas do mundo elegante, unha escolma das súas colaboracións n´A Nosa Terra e en 1993 dedícaselle a exposición “Xesús Campos: Unha visión aguda e vertixinosa de Galicia” no Museo do Pobo Galego.

Estampas do mundo elegante
Snel bekijken

Xesús ‘Chichi’ Campos era experto en describir personaxes e ambientes, e facíao cunha ironía tan afilada que era quen de cortar como te achegases demasiado.

Fraga, Ramón Piñeiro, Blanco Amor ou Paco Vázquez son algúns dos nomes que pasan polo bisturí do doutor Campos nestas estampas que ilustran esa Galiza dos anos oitenta, que foi un espazo fervente de actividade. Pero tamén ilustrou momentos clave para o país como a chegada de Castelao a Galiza, a movida viguesa, “la arruga es bella” ou a guerra do Golfo, momentos que marcaron épocas e vidas foron esmiuzados por Chichi, el dáballe a volta á versión oficial e ensínounos que o rei ía espido desde o principio do conto.

Prijs
€ 20,00