Dediquei varios anos a este proxecto: homenaxe a Isaac Díaz Pardo, «moi amodiño e fidelmente para intuir os seus segredos», xa antes do seu pasamento, indignado polo que estaba a acontecer coa súa vida. Polo camiño topeime con mensaxes rebeladoras como a declaración da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego, do 13 de xaneiro de 2010, a propósito de Isaac Díaz Pardo que dicía:
«A débeda que temos todos con Díaz Pardo é impagable. Por iso resulta máis inxusto que no tramo final da súa vida sexa desposuído do que contribuíu a crear, teña que contemplar a destrucción de gran parte da súa obra e mesmo se vexa obrigado a abandonar o lugar onde viviu e traballou os últimos vinte anos. Por canto queda dito, esta Xunta Reitora coida que a solidariedade pasiva non abonda e fai un chamamento a todos, poderes públicos incluídos, a prol de articular a reparación que Díaz Pardo merece».
No customer reviews for the moment.